1. Participantes.
Poderá participar o alumnado do IES Adormideras, en fase de concurso, e os demais membros da comunidade educativa, en fase de exposición.
2. Tema.
O tema das fotografías deberá estar relacionado co mundo das matemáticas nas súas múltiples manifestacións (figuras xeométricas, mosaicos, simetrías, estatística e azar, etc.).
As fotografías deberán ser orixinais e levar un título en galego que faga referencia ao contido matemático.
As fotografías presentaranse en papel fotográfico cun tamaño mínimo de 15 cm e máximo de 25 cm en calquera dos seus lados
4. Entrega de fotografías.
As fotografías deben levar polo reverso o título e pseudónimo do participante. O título debe estar escrito
en galego.
en galego.
Introduciranse nun sobre xunto cun impreso de participación cuberto que se atopa en conserxería. No exterior do sobre irá o pseudónimo do autor ou autora.
2ºpremioBACH-Radios no ceo-Ángela García 2ºD |
mateadormideras@gmail.com indicando título, pseudónimo do participante e categoría na que participa.
5. Recollida.
En conserxería.
6.Prazos.
O prazo de recepción das fotografías remata o venres 15 de Febreiro ás 12:45 horas.
Premiaranse 2 categorías: ESO e Bacharelato
As fotografías presentadas polo alumnado serán avaliadas polos membros dos Departamentos de Matemáticas, Debuxo e Normalización. Teranse en conta para conceder os premios a calidade da fotografía e o contido matemático do título.
1º premio Libros, discos, material informático... ata un máximo de 50 €
2º premio Libros, discos, material informático... ata un máximo de 30 €
Un mesmo alumno ou alumna non poderá acadar máis dun premio. O premio poderá quedar deserto. O fallo do xurado é inapelable.
8. Uso das imaxes.
O IES Adormideras resérvase o dereito a utilizar as fotografías presentadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario