viernes, 7 de febrero de 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA (CURSO 21-22)

 

 

BASES:

1. Participantes.

Poderá participar o alumnado do IES Adormideras, en fase de concurso, e os demais membros da comunidade

 educativa, en fase de exposición.


2. Tema.

O tema das fotografías deberá estar relacionado co mundo das matemáticas nas súas múltiples manifestacións 

(figuras xeométricas, mosaicos, simetrías, cálculo numérico, estatística e azar, etc.). 

As fotografías deberán ser orixinais e levar un título que faga referencia ao contido matemático. 


3. Formato

As fotografías presentaranse en papel fotográfico cun tamaño mínimo de 15 cm e máximo de 25 cm en calquera 

dos seus lados


4. Entrega de fotografías.

As fotografías deben levar polo reverso o título e pseudónimo do participante. O título debe estar escrito en 

galego.

Introduciranse nun sobre xunto cun impreso de participación cuberto que se atopa en conserxería. No exterior

 do sobre irá o pseudónimo do autor ou autora.

Terán que enviarse tamén por correo electrónico en formato JPG á dirección 

mateadormideras@gmail.com indicando título, pseudónimo do participante e categoría na que participa. 

Cada participante poderá facelo cun máximo de dúas fotografías.


5. Recollida e prazos

As fotografías entregaranse en conserxería. O prazo de recepción remata o venres 11 de Febreiro ás 11:45 horas  de 2022.


6. Premios.

Premiaranse 2 categorías: ESO e Bacharelato

As fotografías presentadas polo alumnado serán avaliadas polos membros dos Departamentos de Matemáticas, 

Debuxo e Normalización. Teranse en conta para conceder os premios a calidade da fotografía e o contido 

matemático do título.


1º premio Libros, discos, material informático... ata un máximo de 50 €

2º premio Libros, discos, material informático... ata un máximo de 30 €


Un mesmo alumno ou alumna non poderá acadar máis dun premio. O premio poderá quedar deserto. O fallo do 

xurado é inapelable.


7. Uso das imaxes.

O IES Adormideras resérvase o dereito a utilizar as fotografías presentadas en exposicións no centro ou fóra do

 mesmo.

Unha vez pasados 15 días despois do acto de entrega de premios os participantes poderán recoller as súas

 fotografías pedíndollelas aos membros do departamento de matemáticas. Pasado este prazo as fotografías non

 reclamadas pasarán a disposición do departamento, podendo incluso ser destruídas.