viernes, 7 de febrero de 2020

III concurso de fotografía matemática

Exposición concurso de fotografía matemática 2019


BASES:

1. Participantes

Poderá participar o alumnado do IES Adormideras, en fase de concurso, e os demais membros da comunidade educativa, en fase de exposición.

2. Tema

O tema das fotografías deberá estar relacionado co mundo das matemáticas nas súas múltiples manifestacións (figuras xeométricas, mosaicos, simetrías, cálculo numérico, estatística e azar, etc.).
As fotografías deberán ser orixinais e levar un título que faga referencia ao contido matemático.

3. Formato

As fotografías presentaranse en papel fotográfico cun tamaño mínimo de 15 cm e máximo de 25 cm en calquera dos seus lados.

4. Entrega de fotografías

As fotografías deben levar polo reverso o título e pseudónimo do participante.
O título debe estar escrito en galego.
Introduciranse nun sobre xunto cun impreso de participación cuberto que se atopa en conserxería. No exterior do sobre irá o pseudónimo do autor ou autora.
Terán que enviarse tamén por correo electrónico en formato JPG á dirección
mateadormideras@gmail.com indicando título, pseudónimo do participante e categoría na que participa.
Cada participante poderá facelo cun máximo de dúas fotografías.

5. Recollida e prazos

As fotografías entregaranse en conserxería.
O prazo de recepción remata o venres 6 de Marzo ás 12:45 horas.

6. Premios

Premiaranse 2 categorías: ESO e Bacharelato.
As fotografías presentadas polo alumnado serán avaliadas polos membros dos Departamentos de Matemáticas, Debuxo e Normalización. Teranse en conta para conceder os premios a calidade da fotografía e o contido matemático do título.

1º premio Libros, discos, material informático... ata un máximo de 50 €
2º premio Libros, discos, material informático... ata un máximo de 30 €

Un mesmo alumno ou alumna non poderá acadar máis dun premio. O premio poderá quedar deserto. O fallo do xurado é inapelable.

7. Uso das imaxes

O IES Adormideras resérvase o dereito a utilizar as fotografías presentadas en exposicións no centro ou fóra do mesmo.
Unha vez pasados 15 días despois do acto de entrega de premios os participantes poderán recoller as súas fotografías pedíndollelas aos membros do departamento de matemáticas. Pasado este prazo as fotografías non reclamadas pasarán a disposición do departamento, podendo incluso ser destruídas.



viernes, 20 de diciembre de 2019

miércoles, 20 de noviembre de 2019

Imos con outro enigma!

«Carlos viaxa á cidade onde vive a súa amiga Luisa pra facerlle unha visita, pero descoñece en que barrio vive. Os que viven no barrio de VERDARIA din sempre a verdade, os de FALSARIA minten siempre, y os de ALEATORIA unhas veces minten e outras non. Na cidade atopa sucesivamente a tres habitantes da cidade -que chamaremos A, B e C-, que son cada un dun barrio distinto, aínda que Carlos non sabe de cál. E lles pregunta a cada un dúas cuestións: de qué barrio son, e de qué barrio é Luisa, obtendo as seguintes respostas:
A: "Non son de VERDARIA, e Luisa é de FALSARIA".
B: "Non son de FALSARIA e Luisa é de ALEATORIA".
C: "Non son de ALEATORIA, e Luisa é de VERDARIA".
¿De qué barrio é Luisa?»