lunes, 22 de mayo de 2017

 


ENIGMA 4
Imos a por outro!!
Tres contenedores hermeticamente pechados conteñen respectivamente lavadoras, televisores e ambas cousas á vez e teñen etiquetas que deberían indicar o seu contido, pero sabemos que todas están mal postas. Se só podes abrir unha caixa dun dos contenedores, como debes facer para saber que hai en cada un deles?




Debuxo de June Caijuan Roca Sedano




domingo, 5 de marzo de 2017

ENIGMA 3

Seguimos cos enigmas!



Tres tenistas profesionais (Iria, Patricia e Lucía) póñense a calcular o diñeiro que gañaron durante o ano. Patricia non ten fillos nin fillas. A maior das tres ten unha filla que está aprendiendo a xogar. Iria é a que gaña menos diñeiro pero non é a máis nova. Os ingresos máis altos corresponden á maior das tres. Enumera a estas profesionais en orden creciente de idade.

Pista: enumera todas as posibilidades de ordenación e vai tachando as que non valgan según os datos que te dan.  



Debuxo de June Caijuan Roca Sedano

miércoles, 22 de febrero de 2017

concurso ligamats

Este ano tamén participamos no concurso Ligamats, fixémolo en tres categorías:



                      Categoría B  (1º ESO)


  • Sarah Domínguez Cibeira
  • Daniel Pedro García Fresco
  • Desiré Mayo González
  • Rubén Viejo Corral.




                         Categoría C (3º ESO)

  • Víctor Chamorro Rodríguez
  • Julián Noya Hervada
  • Lucas Núñez González
  • Luis Rey Míguez


                         Categoría C (4º ESO)

  • Cindy Brito Monteiro
  • Jacobo Fernández Rodríguez
  •  Alejandra Meilán Martínez
  • Andrea Taibo Queijeiro

Enigma 2



 



Ismael, Víctor, Lucía e Merce son amigos e cada un vive nunha cidade distinta. Un vive en Madrid, outro en Barcelona, outro en Sevilla e outro en Lugo. Ismael vive en Madrid. Victor non vive en Barcelona e Lucía vive en Sevilla. ¿Onde vive Víctor? 
¿ e Merce?.




Debuxo de June Caijuan Roca Sedano


Para atopar a solución pódeche axudar facer unha táboa:

Primeiro, escribe na táboa os datos que coñeces:

  




Ismael

Víctor

Lucía

Merce

Madrid

Si



Barcelona

Non


Sevilla


Si

Lugo






Despois, utiliza os datos que coñeces para atopar máis información.




Ismael

Víctor

Lucía

Merce

Madrid

Si
Non
Non
Non
Barcelona
Non
Non
Non

Sevilla
Non
Non
Si
Non
Lugo
Non

Non



Logo, Víctor vive en...........................e Merce vive en......................


Proba a facer outro:

Ismael, Víctor, Lucía e Merce ten cada un na súa casa un animaliño. Un ten un canario, outro un can, outro un gato e outro un periquito. Ismael ten un canario. Lucía e Merce non teñen un can. Merce non ten gato. ¿qué animaliño ten cada un?






viernes, 3 de febrero de 2017

Enigma 1




EMPEZAMOS COS ENIGMAS!!



 ENIGMA 1.Temos dúas garrafas con cabida de
 5 e 3 litros, respectivamente. Temos que conseguir 
poñer 4 litros de auga exactamente nunha delas, 
sen máis axuda ca dunha billa que nos subministra
 auga. Como podemos facer?




Debuxo de June Caijuan Roca Sedano