Seguimos cos enigmas!
Tres tenistas profesionais (Iria, Patricia e Lucía) póñense a calcular o diñeiro que gañaron durante o ano. Patricia non ten fillos nin fillas. A maior das tres ten unha filla que está aprendiendo a xogar. Iria é a que gaña menos diñeiro pero non é a máis nova. Os ingresos máis altos corresponden á maior das tres. Enumera a estas profesionais en orden creciente de idade.
Pista: enumera todas as posibilidades de ordenación e vai tachando as que non valgan según os datos que te dan.
Debuxo de June Caijuan Roca Sedano
No hay comentarios:
Publicar un comentario