Impreso participación IV Concurso Fotografía
Mate.adormideras
Matemáticas IES Adormideras
martes, 30 de noviembre de 2021
viernes, 7 de febrero de 2020
IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA (CURSO 21-22)
BASES:
1. Participantes.
Poderá participar o alumnado do IES Adormideras, en fase de concurso, e os demais membros da comunidade
educativa, en fase de exposición.
2. Tema.
O tema das fotografías deberá estar relacionado co mundo das matemáticas nas súas múltiples manifestacións
(figuras xeométricas, mosaicos, simetrías, cálculo numérico, estatística e azar, etc.).
As fotografías deberán ser orixinais e levar un título que faga referencia ao contido matemático.
3. Formato
As fotografías presentaranse en papel fotográfico cun tamaño mínimo de 15 cm e máximo de 25 cm en calquera
dos seus lados
4. Entrega de fotografías.
As fotografías deben levar polo reverso o título e pseudónimo do participante. O título debe estar escrito en
galego.
Introduciranse nun sobre xunto cun impreso de participación cuberto que se atopa en conserxería. No exterior
do sobre irá o pseudónimo do autor ou autora.
Terán que enviarse tamén por correo electrónico en formato JPG á dirección
mateadormideras@gmail.com indicando título, pseudónimo do participante e categoría na que participa.
Cada participante poderá facelo cun máximo de dúas fotografías.
5. Recollida e prazos
As fotografías entregaranse en conserxería. O prazo de recepción remata o venres 11 de Febreiro ás 11:45 horas de 2022.
6. Premios.
Premiaranse 2 categorías: ESO e Bacharelato
As fotografías presentadas polo alumnado serán avaliadas polos membros dos Departamentos de Matemáticas,
Debuxo e Normalización. Teranse en conta para conceder os premios a calidade da fotografía e o contido
matemático do título.
1º premio Libros, discos, material informático... ata un máximo de 50 €
2º premio Libros, discos, material informático... ata un máximo de 30 €
Un mesmo alumno ou alumna non poderá acadar máis dun premio. O premio poderá quedar deserto. O fallo do
xurado é inapelable.
7. Uso das imaxes.
O IES Adormideras resérvase o dereito a utilizar as fotografías presentadas en exposicións no centro ou fóra do
mesmo.
Unha vez pasados 15 días despois do acto de entrega de premios os participantes poderán recoller as súas
fotografías pedíndollelas aos membros do departamento de matemáticas. Pasado este prazo as fotografías non
reclamadas pasarán a disposición do departamento, podendo incluso ser destruídas.
domingo, 5 de enero de 2020
viernes, 20 de diciembre de 2019
jueves, 28 de noviembre de 2019
miércoles, 20 de noviembre de 2019
A: "Non son de VERDARIA, e Luisa é de FALSARIA".B: "Non son de FALSARIA e Luisa é de ALEATORIA".C: "Non son de ALEATORIA, e Luisa é de VERDARIA".